• New product

🎄 A CAIXA DE NADAL · LUCÍA FREITAS


Esta caixa é unha proposta de Nadal pensada para compartir, regalar e celebrar arredor da mesa. Unha selección de elaboracións propias que falan de tempo, de fermentación, de dozura equilibrada e de sabores que reconfortan.


No seu interior atoparás bebidas e doces creados na nosa cociña, pensados para acompañar os días de inverno, as sobremesas longas e os encontros sen présa.


Inclúe:

- Kombucha de Nadal, fermentada de maneira natural, especiada e fresca, ideal para brindar con algo diferente.

- Viño quente, elaborado a partir de viño tinto, vermú, especias e cítricos, pensado para quentar as tardes frías e crear atmosfera.

- Xenas (6 unidades), o noso doce entre polvorón e mantecado, en dous sabores:

  - 3 unidades de cacao e café

  - 3 unidades de especias

- 2 unidades de Conchiña Crocante de Gianduja de avelá, almendra, millo frito e arroz inchado

- Marmelada de froitos vermellos e rosas, aromática e delicada, perfecta para almorzos especiais.

- Crema de chocolate con leite e praliné de cacahuete, untuosa e intensa, pensada para gozar sen présa.

- Plum cake de cacao e laranxa confitada, húmido, aromático e feito con manteiga, para compartir ou regalar.


Unha caixa que reúne doce, bebida e emoción. Un agasallo que fala de cociña feita con tempo, de pequenos praceres e dun Nadal vivido con sentido.

49 elementos:
Recently added our store

11 produtos máis na mesma categoría:

Product added to compare.