Falar do traballo de Lucía Freitas é falar de rexión, de cultura, patrimonio, pero sobre todo de mercados. Unha proposta gastronómica que está ancorada a Galicia a través do prato e do mercado de Abastos de Santiago de Compostela.

 

Co produto galego da costa e a horta como eixe da súa cociña, a chef recupera as cociñas ancestrais a partir da tradición, a materia prima local, a evolución de metodoloxías e investigación.

A miña filosofía de vida e de traballo mantense no tempo de forma perenne. É o concepto da miña cociña o que medra e cambia comigo de forma natural a medida que eu mesma vou evolucionando e madurando.

Creo que a alta cociña vai dirixida cara a un camiño de regresión, de volta á orixe da man da tecnoloxía e que, cada vez máis, os cociñeiros nos decatamos de que ademais de contadores de historias somos transmisores de cultura.

Os cociñeiros debemos pór en valor os nosos produtos, os nosos mercados e as cociñas más ancestrais, dándolle voltas a esas receitas que van quedando no esquecemento. Debemos redescubrir e achegar un grao de innovación á tradición para que permaneza viva. A cociña con ciencia e con conciencia chegou para quedar. Ese é o futuro”.

 
Buy now
GL