A produción destes turróns é totalmente artesanal. Cada tipo de turrón ten un proceso de elaboración manual de tres días, e os ingredientes utilizados son, na súa maioría, de orixe galega. Non teñen conservantes e están elaborados con ingredientes naturais.
Pack de 4 especialidades en turrón 2023:

- Turrón de especias e caramelo.

Elaborado con especias como a canela, o cravo e o anís, e herbas como o coandro, a súa elaboración parte dunha ganache de chocolate branco caramelizado.
Ingredientes: Ganache de chocolate branco caramelizado infusionado con coandro, canela, cravo e anís.

-Turrón de Gianduja de abelá, kikos e laranxa.

O Turrón de Gianduja de Abelá, Kikos e Laranxa incorpora millo tostado extracrujiente que ademais dun gran sabor, mostra unha textura excepcional.
Ingredientes: Gianduja de chocolate de leite e abelás, millo tostado extra crujiente, arroz inflado e laranxa confeitada.

-Turrón de licor café e limón.

Cun marcado protagonismo do chocolate branco, supón unha explosión de sabores na boca grazas á integración de café recentemente moído e infusionado, de ralladura de limón e dun toque de bagazo galego.

Ingredientes: Ganaché de chocolate branco con café recentemente moído, infusionado con ralladuras de limón e un toque de bagazo.

-Turrón de Paixón, mango e curri (Novidade!):

O exotismo chega ao probar o Turrón Paixón, Mango e Curry que se elabora a partir dunha mestura de chocolate gold, curry tandoori, mango e pulpa de froita da paixón.
Ingredientes: Chocolate gold, con interior de chocolate con leite e chocolate negro, froita da paixón, mango crispy e curri tandori.
Envíos a partir de 5 de Decembro
66 elementos:
Recently added our store

3 produtos máis na mesma categoría:

Product added to compare.